Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
A finalidade ou obxectivo que se pretende acadar con esta convocatoria é o fomento do emprego ea consolidación dos proxectos empresariais das persoas emprendedoras e das micropemes, en particular:
- Facilitar a consolidación de proxectos de emprendemento empresarial.
- Fomentar o uso de entornas colaborativas (espazos de traballo compartidos entre varios usuarios (coworking)) na cidade, cara á redución de custes e á eficiencia empresarial.
- Potenciar a xeración e continuidade de grupos empresariais e autónomos en entornas colaborativas.
- Facilitar os inicios ás persoas emprendedoras e ás micropemes, cunha axuda económica destinada ao aluguer de espazos para o desenvolvemento da súa actividade en colaboración con outros profesionais, na mesma entorna.
- Fomentar o traballo empresarial en rede (networking), mediante o compartimento de espazos físicos con outros empresarios e persoas emprendedoras, establecer novas relacións, coñecer outros puntos de vista e crear novas sinerxias.
Beneficiarios
Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarias as persoas autónomas e micropemes, que teñan a súa sede fiscal e social no termo municipal de Vigo.