Convocante

Concello de Vilagarcia de Arousa

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto das presentes bases é regular a concesión de subvencións no exercicio 2017, para o fomento e mantemento do emprego por conta allea, de persoas empadroadas no municipio, con antiguedade mínima de un ano no padrón no momento de iniciarse a contratación, a tempo completo, en calquera das modalidades contractuais vixentes, cunha duración mínima de seis meses, formalizados entre o 2 de novembro de 2016 e 1 de outubro de 2017.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicadas nas comarcas do Salnés e Caldas, que formalicen, para prestar servizos nas mesmas, contratos por conta allea con traballadores e traballadoras empadroados no municipio de Vilagarcía de Arousa.

Volver