Convocante

Concello de Carballo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A presente convocatoria de subvencións ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades empresariais do municipio de Carballo para impulsar accións de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica local durante o ano 2017.

Beneficiarios

Poderán concorrer á presente convocatoria de subvencións as entidades empresariais xuridicamente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro
  • Ter a sede social e o domicilio fiscal no Concello de Carballo
  • Desenvolver a súa actividade dentro do ámbito municipal
  • Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica concedida polo Concello de Carballo
  • Estar inscritas no rexistro municipal de asociacións
  • Estar ao corrente das súas obrigas coa facenda pública, co Concello de Carballo e coa Tesouraría da Seguridade Social
Volver