Convocante

Concello de O Grove

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

É obxecto das presentes bases regular as normas polas cales se rexerá a concesión en concorrencia competitiva de subvencións aos clubs deportivos deste concello para sufragar parte dos gastos que lles ocasione a promoción de actividades deportivas de interese municipal, fundamentalmente aquelas que apoien o deporte de base.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas, sempre que se cumpran as seguintes condicións:

  1. Que sexan asociacións ou entidades deportivas validamente constituídas sen ánimo de lucro e teñan o seu domicilio social no concello do Grove.
  2. Que as asociacións ou entidades deportivas realicen actividades de interese municipal e certifiquen un mínimo de 30 deportistas federados dos que un mínimo do 50% deben pertencer ás categorías base (entendéndose por base: de benxamín a xuvenil). Non computan aquí as licenzas escola.
  3. Excepcionalmente, para o caso de que un club non acade o número de 30 licenzas, e sempre que si contara con elas nos 5 anos anteriores, permitirase que opte á solicitude desta subvención municipal.
  4. Que as asociacións ou entidades deportivas se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA) do Concello do Grove cun mínimo de 3 anos de antigüidade.
  5. Que os clubs permitan o desenvolvemento da súa actividade aos fillos/as de socios/as e non socios/as.
  6. Que desenvolvan a súa actividade, como mínimo, 11 meses ao ano, con horarios de adestramentos fixos e semanais.
  7. Que participen en competición federada (podendo ser unha federación oficial ou asociación independente que exerza estas funcións por carecer esta disciplina deportiva de federación oficial), sendo obrigatorio participar, como mínimo, no 50% dos eventos deportivos federados que oferte a federación (ou asociación) en cuestión
Volver