Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto das subvencións a que se refiren as presentes bases e convocatoria é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento e realización de programas e proxectos xuvenís mixtos, de mozas e mozos, por parte das entidades e/ou colectivos xuvenís da cidade, no ano 2016.

Beneficiarios

Poderán solicitar e obter estas axudas :

  1. Asociacións xuvenís e/ou entidades xuvenís sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo (Depto. de Participación Cidadá) ou ben que soliciten simultaneamente a súa inscrición no citado Rexistro.
  2. Outras entidades (Asociacións ou fundacións) integradas maioritariamente por mozos/as –100% da xunta directiva- que, carecendo de interese lucrativo, desenvolvan programas e actividades dirixidas ao fomento da participación dos mozos/as e con manifesto protagonismo xuvenil na súa elaboración e desenvolvemento global. Deberán estar así mesmo inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo (Dpto. Participación Cidadá).
  3. Grupos de mozos/as non constituídos como asociación que, carecendo de interese lucrativo, teñan capacidade para realizar un proxecto específico de interese xuvenil. Os requisitos que estes grupos de mozos/as deberán cumprir son:
    • Estar formados por un mínimo de tres persoas con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos, ambas incluídas, e residentes no Municipio de Vigo.
    • Establecer un representante que será o/a responsable do grupo de mozos/as,maior de idade, con poderes suficientes, e que deberá asumir todas as obrigas que corresponderán a agrupación como beneficiaria da subvención.
    • Os/as membros do grupo de mozos/as non poderán pertencer, como socios ou membros, a ningunha asociación que sexa beneficiaria ou teña solicitado outra subvención das xestionadas pola concellería de Xuventude.
    • A agrupación non poderá disolverse ata transcorrido o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003 do 17 de novembro Xeral de subvencións.
Volver