Convocante
Concello de OurensePublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
Constitúe o obxecto destas bases regular o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar programas, proxectos ou actividades que, sendo considerados/as de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense, no campo dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de
ucro. Estes programas, proxectos ou actividades deberán dirixirse de forma prioritaria a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.
Beneficiarios
Son destinatarios desta convocatoria, as asociacións e entidades validamente constituídas sen ánimo de lucro que realicen actividades de interese ou promoción social ou de utilidade pública e sexan de interese municipal e que cumpran os requisitos reflectidos nestas bases.