Convocante

Consellería de Política Social e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas a entidades privadas para promover a aplicación nas escolas infantís 0-3 anos da súa titularidade dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada aos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de setembro de 2025 e o 31 de xullo de 2026 (código de procedemento BS420C).

Beneficiarios

Poderán optar a estas axudas as entidades privadas que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, non accedan á bonificación a través doutras liñas de axuda da Consellería de Política Social e Igualdade, apliquen a gratuidade da atención educativa nas escolas infantís 0-3 da súa titularidade ou da súa xestión e cumpran os requesitos reflectidos nestas bases.

Volver