Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Axudas para promover, fomentar e difundir as actividades culturais que organicen as entidades culturais sen fins de lucro da provincia de Pontevedra, entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2025, no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra da comunicade autónoma de Galicia cando teña relevancia para os intereses provinciais.
Beneficiarios
As entidades xurídicas que: carezan de fins de lucro, teñan o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra, desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, non estean incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas, non estean incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei e que estean ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación.