Convocante
Axencia Galega das Industrias CulturaisPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2025.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
- As persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade maioritariamente en Galicia.
- As entidades locais galegas que leven a cabo festivais obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases, sempre que cumprisen co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.
- As asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.