Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento e aprobar a convocatoria para a concesión de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actividades e proxectos de índole social que se desenvolvan na provincia de Pontevedra durante o exercicio de 2025, dirixidos a colectivos que, polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas ou de natureza análoga, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter a sede social ou unha delegación permanente na provincia de Pontevedra. Entenderase por “delegación permanente” aquela que conte con persoal permanente da
    organización e local fixo onde realicen as súas actividades.
  • Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 254/2011, de 23 de decembro. En caso de que a información que conste neste rexistro non estivese actualizada, a entidade solicitante deberá comunicalo e achegar a información necesaria.
  • Carecer de fins de lucro e ter finalidades coincidentes co obxecto da subvención, segundo os seus estatutos.
  • Estar ao corrente de pago no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
  •  Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na LXS nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
Volver