Convocante
Consellería de Emprego, Comercio e EmigraciónPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública das axudas ás persoas traballadoras autónomas que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia , para o ano 2025:
- Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
- Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica das persoas traballadoras autónomas que non tiveron éxito no seu anterior intento.
- Programa III: Bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q), destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.
- Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional.
- Programa V: Axudas a conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R), destinado a apoiar e promover a conciliación das persoas traballadoras autónomas.
Beneficiarios
Poderan ser beneficiarios destas axudas:
- Programa I. Promoción do Emprego Autónomo (TR341D).
- Liña 1.
Persoas traballadoras autónomas demandantes de Emprego que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade ou colexio profesional, entre o 30 de setembro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive, sempre que cumpran os requisitos exixidos na orde. - Liña 2.
Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo no momento de presentación da solicitude e cumprir o resto de requisitos esixidos na Orde.
- Liña 1.
- Programa II. Bono Nova Oportunidade (TR790A).
Poderán ser beneficiarias as persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, dentro dos últimos 5 anos desde a data da publicación da Orde de convocatoria e queren volver a emprender. Deberán ter cotizado anteriormente a esta nova alta, polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional) e transcorrer un período mínimo de seis (6) meses entre a nova alta e a anterior baixa. Ademais estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo a nova alta, e carecer de ocupación efectiva ou contrato en vigor no momento inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral. - Programa III. Programa Bono Autónomo (TR341Q).
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que na data solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional, ademais de cumprir o resto de requisitos establecidos na Orde. - Programa IV. Bono Remuda (TR353D).
Poderán ser beneficiarios do Bono Remuda as persoas traballadoras autónomas, de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e
comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude e que cumpra o resto dos requisitos establecidos na Orde. O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e fiscal e o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e un mínimo de antigüidade de 5 anos. Ademais non poden ter transcorrido mais de 12 meses entre a publicación desta orde e a baixa no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade, e no IAE, da persoa titular do negocio que se transmite. Este negocio que se transmite debe estar inscrito na Bolsa de Remuda da Rede de Polos de Emprendemento de Galicia. - Programa V. Bono concilia (TR341R).
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadores que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas, no caso de persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís, e comunidades de bens, a título individual. A actividade empresarial ou profesional deberá desenvolverse en Galicia así como o domicilio fiscal.- Bono Autónomo Concilia I: a persoa solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas. O contrato a realizar será de substitución, ou contrato indefinido, segundo o caso, formalizado por escrito en modelo oficial coas tarefas a realizar pola persoa substituta que deben ser as mesmas que a persoa traballadora autónoma substituída.
- Bono Autónomo Concilia II: Ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade coa persoa menor, maior e/ou persoa con discapacidade e dependencia. De non existir relación de parentesco debe acreditarse a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e dependencia, como mínimo nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude.
- Bono Autónomo Concilia III: ten que acreditarse a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir relación de parentesco debe acreditarse a convivencia previa de igual forma que no parágrafo anterior.
Observacións
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o 24 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.