Convocante

Deputación de A Coruña

Publicación

Boletín Oficial da Provincia da Coruña

Obxecto

O obxecto da presente convocatoria destinarase á realización de inversións tendentes a dinamila-la participación, estimular a cohesión social, poterciar as conductas cívicas, favorece-la integración, loitar contra a despoblación rural, así como mellorar a calidade da vida das persoas, por parte das entidades sen animo de lucro descritas na base 2 das específicas da convocatoria e ás inversión tamén definidas na citada Base.

Beneficiarios

A presente convocatoria vai dirixida a entidades sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, ou que acrediten que os investimentos obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta  provincia e que cumpran os requisitos desta convocatoria e os requisitos establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias no momento de presentaren a solicitude.

Volver