Convocante

Deputación de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos investimentos para a mellora, o acondicionamento e a reforma de instalacións de carácter cultural da súa titularidade, alugadas ou cedidas legalmente para o uso cultural por parte das asociacións culturais sen ánimo de lucro da provincia de Lugo que, executados durante o ano 2024, afecten directamente ao desenvolvemento da promoción cultural provincial destes colectivos culturais.

Para estes efectos considéranse subvencionables aqueles investimentos realizados que garden relación directa cos espazos dedicados á promoción cultural e ás edificacións auxiliares (en propiedade, alugadas ou cedidas legalmente) que puidesen estar vinculadas con aqueles e, con especial incidencia, sobre as accións que tendan a mellorar a calidade de todas as accións e manifestacións culturais.

Tamén son obxecto de subvención a adquisición de todo tipo de equipamento de carácter cultural inventariable por parte das asociacións culturais sen ánimo de lucro da provincia de Lugo para dotar ás súas instalacións culturais (en propiedade, alugadas o cedidas legalmente) co obxecto de que poidan desenvolver as súas actividades culturais nas mellores condicións e cos medios materiais adecuados (técnicos e artísticos).

Beneficiarios

En xeral, poderán solicitar subvencións ao amparo desta convocatoria as entidades culturais ou asociacións (os estatutos deberán recoller eses fins expresamente) legalmente constituídas da provincia de Lugo ( enténdase con sede ou delegación social na provincia), adaptadas á normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro, que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da provincia, que os beneficiarios formen parte do conxunto demográfico lucense e sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto íntegro destas bases.

Volver