Convocante

Presidencia da Xunta de Galicia

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, en favor das entidades galegas do exterior para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos seus fins, sinaladamente nas áreas sociais, de xuventude, formativas, culturais, que persigan o mantemento ou fomento dos lazos con Galicia, que se concretan nos seguintes programas de actuación:

  • Programa 1. Gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
  • Programa 2. Proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
  • Programa 3. Accións de especial relevancia.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

Volver