Convocante

Concello de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Constitúe o obxecto destas bases  sufragar os gastos derivados de investimentos realizados polas asociacións da provincia de Pontevedra que reúnan os requisitos para ser entidades beneficiarias, e convocar estas subvencións para o ano 2024.

A finalidade das axudas é a de mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal e a cohesión social, mediante a promoción de investimentos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal.

Serán subvencionables os gastos derivados de investimentos e equipamentos, todos eles orientados ao cumprimento dos fins das entidades solicitantes e ó seu funcionamento ordinario, cuxa execución se inicie a partir do 1 de xaneiro de 2024 ata o fin do prazo de execución regulado nestas bases.

Beneficiarios

Poderán solicitar as axudas reguladas nestas bases as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais da provincia de Pontevedra que estean legalmente constituídas e debidamente inscritas no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (central ou provincial). As entidades deberán conter na súa denominación a identificación como asociación de veciños, federación, confederación ou unión
de asociacións de veciños ou como asociación de mulleres rurais, segundo o caso.

Para obteren a condición de beneficiarias, as asociacións deberán cumprir, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

  • Ter domicilio social na provincia de Pontevedra
  • Estar legalmente constituídas e debidamente inscritas no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (central ou provincial) con anterioridade á data na que finalice o prazo de solicitudes
  • No caso de execución de obras, ter a titularidade ou o dereito de uso cunha duración mínima de cinco anos (a contar desde a data fin de presentación de solicitudes ao abeiro da presente convocatoria) sobre os terreos ou inmobles sobre os que se vaia realizar as
    actuacións subvencionables, sitos na provincia de Pontevedra
  • Cumprir os requisitos recollidos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, de subvencións
  • Estar ao día nas obrigas que lles sexan de aplicación coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Axencia Tributaria de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
Volver