Convocante
Axencia Galega das Industrias CulturaisPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas subvencións teñen por obxecto determinar as condicións para impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional das salas de artes escénicas de titularidade privada e, así, fomentar a súa estabilidade e consolidación e aprobar a convocatoria para o ano 2024.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas ás persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas xestoras de salas de artes escénicas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que se dean as seguintes circunstancias:
- A persoa solicitante deberá estar en posesión da correspondente licenza de apertura da sala para poder desenvolver a axuda que solicita.
- A sala deberá ter unha capacidade igual ou inferior a 150 localidades.
- A persoa solicitante deberá acreditar que a sala para a cal solicita a axuda realizou un mínimo de 50 representacións no ano 2023.