Convocante

Concello de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo,  ás asociacións e entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2023, de proxectos que beneficien a colectivos no eido da promoción da igualdade de xénero e da diversidade afectivo-sexual.

Existen dúas liñas de subvención:

  1. En materia de promoción da igualdade de xénero e de promoción da integración da muller:
    • Fomento da igualdade de xénero en actividades de ocio, culturais, etc.
    • Avanzar cara un municipio libre de violencias machistas en sentido amplo.
    • Fomento da participación da muller rural nos ambitos socio-culturais e no ámbito da sensibilización contra a violencia de xénero.
  2.  En materia de promoción da inclusión da diversidade
    • Promover os dereitos humanos como modelo para a convivencia social e a inclusión das persoas LGTBIQ+
    • Promover a sensibilización, formación e naturalización da diversidade sexual e de xénero das persoas LGTBIQ+
    • Orientar e asesorar sobre cuestións legais, educativas, sanitarias, deportivas e sociais a persoas LGTBIQ+ e as súas familias.
    • Visibilizar e apoderar ao colectivo LGTBIQ+ no municipio de Lugo.

Beneficiarios

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións, entidades ou persoas xurídicoprivadas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo.
  •  As entidades beneficiarias segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo.
  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social.
  • Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
  • Desenvolver proxectos que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido da promoción da igualdade de xénero ou da igualdade afectivo-sexual.
  • Desenvolver actividades que complementen a programación de fomento da igualdade de xénero e LGTBIQ+ realizada pola Área de Cohesión Social (Servizo de Igualdade).
  • Non percibir, durante este exercicio económico, ningunha subvención municipal das previstas nominativamente, no orzamento xeral de 2023.
  • Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación das persoas que formen parte da directiva.
  • Non utilizar a imaxe da muller como reclamo e/ou con connotacións de tipo sexual ou denigrante da súa imaxe (acordo plenario 9/124 do día 30 de xuño de 2016).
Volver