Convocante

Concello de Nigrán

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

As presentes bases teñen por obxecto regular o outorgamento de subvencións co obxectivo de apoiar o desenvolvemento de programas ou actividades culturais que complementen a programación dos servizos municipais e que se realicen con carácter público en Nigrán.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións reguladas nas presentes bases as asociacións, ou outras entidades asociativas sen ánimo de lucro, que cumprindo co establecido no artigo 10 da lei 9/2007 de 13 de xuño de subvencións de Galicia, figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Nigrán cunha antigüidade de como mínimo seis meses respecto da data da convocatoria, e que teñan a súa sede social no termo municipal de Nigrán, con capacidade para levar a cabo as actividades subvencionables.

Volver