Convocante
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de GaliciaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxecto destas subvencións é impulsar a realización de actuacións para o fomento do uso do software e hardware libre na Comunidade
Autónoma de Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e correctamente rexistradas no Rexistro de Asociacións de Galicia, formadas por persoas físicas e que teñan recollido no seu obxecto social algún dos seguintes puntos:
- Difusión, fomento e/ou promoción do software e/ou hardware libre.
- Localización ao galego de aplicacións de software libre.
- Organización de xornadas e/ou eventos de software e/ou hardware libre.