Convocante

Ayuntamiento de Porto do Son

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións dirixidas ás Asociacións de Mulleres do Concello de Poio que desenvolvan proxectos, programas e actividades para promover a igualdade entre homes e mulleres e para a loita contra a violencia machista durante o ano 2023, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres de Poio.

Beneficiarios

Terán a consideración de entidades beneficiarias das subvencións reguladas nas presentes bases todas as asociacións de mulleres validamente constituídas e aquelas outras asociacións que acrediten legalmente ter unha área de intervención e orzamento en materia de muller e/ ou igualdade, e cumpran os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro.
  2. Estar debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Poio, mantendo os seus datos actualizados.
  3. Formar parte do Consello Municipal da Muller.
  4. Participar nas campañas do 8 de marzo e do 25 de novembro e naquelas outras ás que sexan convocadas polo Consello Municipal da Muller.
  5. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda ante o Concello de Poio para o mesmo obxecto para o que se solicita a subvención.
  6. Non ser beneficiarias doutra subvención para a mesma finalidade e/ou obxecto con cargo ao orzamento do Concello de Poio.
  7. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, co Concello de Poio e coa Seguridade Social.
Volver