Convocante
Presidencia da Xunta de GaliciaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas subvencións teñen por obxecto o financiamento dos gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos seus fins, sinaladamente nas áreas sociais, de xuventude, formativas, culturais, que persigan o mantemento ou fomento dos lazos con Galicia, que se concretan nos seguintes programas de actuación (código de procedemento PR924B):
- Programa 1. Gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
- Programa 2. Proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
- Programa 3. Accións de especial relevancia.
- Programa 4. Participación na reunión do pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para os programas 1, 2 e 3 desta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
Poderán ser beneficiarias das subvencións do programa 4 as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade na categoría de comunidade galega.