Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto de estas axudas é promover, fomentar e difundir as actividades culturais que organicen as entidades culturais sen fins de lucro da provincia de Pontevedra, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023, no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra da comunidade autónoma de Galicia cando teñen relevancia para os intereses provinciais.

Poderán ser obxecto de financiamento, entre outras, as seguintes actividades: as actividades para a posta en valor do patrimonio inmaterial propio das vilas e comarcas da nosa provincia (costumes, tradicións, etnografía, crenzas e mitos), os festivais, as mostras, os encontros, os certames culturais, etc.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades xurídicas que carezan de fins de lucro, teñan o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra, desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, non estean incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas, non estean incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei e que estean ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación.

Volver