Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Subvencións públicas destinadas á edición en formato papel e a edicións audiovisuais, mixtas e noutros formatos especiais coma braille, que se editen en galego durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023, coa finalidade de colaborar de interese para a permanencia, o recoñecemento e a identidade da cultura galega a través do tempo.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro
  2. Ter domicilio social no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou excepcionalmente fóra desta sempre que as edicións obxecto da subvención traten sobre temas de interese para a provincia
  3. Non incorrer en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da LXS
  4. Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica e coa Seguridade Social e non ter débedas pendentes de pagamento coa Deputación
  5. Non ter obrigas nin xustificacións pendentes derivadas de subvencións concedidas pola Deputación
Volver