Convocante

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

O obxecto desta orde é o establecemento de subvencións para a realización de proxectos de fomento do uso do galego nos centros privados de ensino de Galicia, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2022/23 (código de procedemento PL500B).

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas os centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario, sexan persoas físicas ou xurídicas, que cumpran os requisitos e as condicións que se establecen nesta orde.

Volver