Convocante

Concello de Rodeiro

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto destas axudas é a promoción, difusión e realización de actividades culturais desenvolvidas durante o ano 2022. Entenderase como actividade cultural aos efectos das presentes bases as dirixidas á ensinanza musical, á promoción da cultura, á xuventude, á muller, á preservación das tradicións ou calquera outra que redunde en beneficio dos veciños asociados, sempre que formen parte dos fins da asociación.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas ou xurídicas sen ánimo de lucro que desenvolveran as actividades obxecto da subvención no Concello de Rodeiro entre os días 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2022.

Volver