Convocante
Axencia Galega de InnovaciónPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas (pemes), mediante bonos de innovación:
- Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación, para o financiamento das actividades destinadas á protección da innovación e o coñecemento, transferencia tecnolóxica, comercialización e que permitan o desenvolvemento de novos produtos e servizos ou mellora da competitividade empresarial.
- Liña 2. Bonos para xestión do financiamento da innovación, para a subvención dos custos de actividades de xestión, contratadas cos axentes da innovación, encamiñadas á:
- Tipo A. Tramitación de incentivos e beneficios fiscais para a I+D+i.
- Tipo B. Solicitude de financiamento a proxectos ou actuacións de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda.
Cada unha das liñas que compoñen esta axuda vai dirixa ás seguintes entidades:
- Liña 1. Servizos de apoio á innovación Microempresas e pequenas empresas
- Liña 2. Xestión do financiamento da innovación Microempresas, pequenas e medianas empresas