Convocante

Instituto Galego de Promoción Económica

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

As axudas  teñen por obxecto a posta en marcha das seguintes liñas de préstamos:

  • préstamos para investimentos estratéxicos,
  • préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais,
  • préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval e préstamos para financiar a operativa de industrias afectadas polo incremento de prezo de materias primas e subministracións como consecuencia da invasión de Ucraína por Rusia.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación que se vai financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme os requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.
  3.  Acheguen para a actuación unha contribución financeira mínima do 25 % do custo total, exenta de calquera tipo de apoio público.
Volver