Convocante

Axencia Galega das Industrias Culturais

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A finalidade destas subvencións e ó  impulso e o desenvolvemento da programación de carácter profesional, das salas de artes escénicas de titularidade privada e así fomentar a súa estabilidade e consolidación.

Beneficiarios

Poderán acceder ás axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada, sempre que se dean as seguintes circunstancias:

  1. A persoa solicitante deberá probar a dispoñibilidade da sala mediante copia de escritura, contrato de alugueiro ou calquera documento válido en dereito.
  2. A persoa solicitante deberá estar en posesión da correspondente licenza de apertura da sala para poder desenvolver a axuda que solicita.
  3. A sala deberá ter unha capacidade igual ou inferior a 150 localidades.
  4. A persoa solicitante deberá acreditar que a sala para a cal solicita a axuda realizou un mínimo de 30 representacións no ano 2021.
Volver