Convocante

Consellería de Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento  ooperativo na Comunidade Autónoma galega.

Outorgaranse os seguintes premios:

  • Premio aos valores cooperativos.
  • Premio ao mellor proxecto cooperativo novo.
  • Premio á traxectoria cooperativa.

Beneficiarios

Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo, e será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.

Volver