Convocante
Consellería de Política SocialPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva ás persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e proceder á súa convocatoria coa finalidade de dar continuidade a este recurso e seguir atendendo as necesidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias nos concellos rurais de Galicia en que están establecidas co financiamento dos gastos nos anos 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403G).
Beneficiarios
- Poderán optar ás axudas, a través dunha prima, as persoas físicas titulares das casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021 que estean en funcionamento e manteñan a súa situación de alta fiscal e na Seguridade Social como persoas traballadoras por conta propia, segundo reflíctese nestas bases.
- Poderán optar ás axudas de investimento financiadas con cargo a aplicación orzamentaria 13.02.312B.770.0 as persoas físicas titulares das casas niño recollidas no artigo 1 da convocatoria que estean en funcionamento e manteñan a súa situación de alta fiscal e na Seguridade Social como persoas traballadoras por conta propia, segundo reflíctese nestas bases.
- As persoas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non están incursas en ningunha das causas de prohibición previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiarias.