Convocante

Consellería de Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, no ámbito da Comunidade Autónoma e durante un período de 12 meses, facilitándolles ás persoas traballadoras en situación de desemprego os recursos e ferramentas que melloren a súa empregabilidade, as activen laboralmente e lles proporcionen competencias transversais que incrementen as súas posibilidades de inserción laboral.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:

  1. Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este.
  2. As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.
Volver