Convocante
Axencia Galega de InnovaciónPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas están destinadas ao financiamento de actividades incluídas no proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade, relativas ao deseño de produto, deseño de servizos/experiencias e deseño de marca e identidade corporativa, e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda.