Convocante
Consellería de Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar, axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral, adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta orde de convocatoria estrutúrase en tres liñas de axudas:
- Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C)
- Liña II. Conciliación (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:
- Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos
laborais de teletraballo. - Subliña II. 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
- Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten
o teletraballo.
- Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos
- Liña III. Certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.
Beneficiarios
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras durante todo o período de execución das axudas.