Convocante

Deputación Provincial de A Coruña

Publicación

Boletín Oficial de A Coruña

Obxecto

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de actividades tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e a hostalaría, apoiando liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que permitan a penetración no mercado, mediante axudas á loxistica e a distribución.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas entidades sen ánimo de lucro, tales como colexios profesionais, asociacións profesionais,cámaras de comercio, entidades asociativas e representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial, asociacións de veciños e de mulleres rurais; legalmente constituídas no momento de facer a solicitude, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta Provincia.

Volver