Elisa Mandado é técnica do Servizo Laboral de Algalia dende 2019. Hoxe en día, xa conta coa súa propia carteira de clientes.

1.- Cal é o teu principal labor dentro do Servizo Laboral de Algalia e como foi a túa evolución neste últimos cinco anos?

Incorporeime a Algalia como Técnica Laboral, por tanto, a miña principal función era dar soporte ás miñas compañeiras/os asesores, sobre todo na parte de xestión administrativa, nos trámites coas Administracións Públicas, e realizando a xestión laboral correspondente ao día a día do departamento.

A miña evolución ao longo destes anos foi continuar formándome e consolidándome como Técnica, para conseguir levar de forma autónoma na actualidade a miña propia carteira de clientes como asesora.

2.- Cales son as consultas máis recorrentes ou as que preocupan máis aos clientes? que perfil teñen?

As consultas dos nosos clientes son de diverso ámbito, desde asesoramentos para realizar novas contratacións, consultas sobre os custos de contratación, sobre bonificacións ás que poden ter acceso na Seguridade Social etc.

A maioría dos nosos clientes son entidades sen ánimo de lucro, polo que necesitamos axustarnos ás súas necesidades e a cada situación concreta.

3.- Cal é a parte máis satisfactoria do teu traballo e da túa relación coas entidades?

A parte máis satisfactoria no que fago é poder estar á altura das necesidades dos nosos clientes, darlles solución a cada problemática que se lles poida expor e continuar profesionalizándonos cada vez máis no terceiro sector, cuxa labor é fundamental para a economía social do noso país.

Voltar