A Plataforma de ONG de Acción Social confiou a avaliación do I Plan estratéxico do terceiro sector de acción social, á Fundación Ede e a Algalia, Servizos para o Terceiro Sector.
Desde Algalia queremos compartir cos nosos clientes, equipo e colaboradores esta inmensa satisfacción que sen dúbida foi posible grazas á confianza depositada en nós durante todos estes anos. Tamén nos gustaría destacar a colaboración coa Fundación EDE, que nos permitirá enriquecer a nosa visión do terceiro sector e poder trasladar a Galicia experiencias doutros lugares.
Esta actuación contribúe de maneira importante á estratexia de Algalia de ser recoñecida como especialista en servizos de asesoría e consultoría no sector non lucrativo en España
Celso Gándara Carnero
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector