Convocante
Deputación Provincial da CoruñaPublicación
Boletín Oficial da Coruña
Obxecto
O obxecto deste programa é apoiar especificamente a produción de proxectos singulares de especial interese cultural realizados por entidades lucrativas.
Para os efectos deste programa, enténdese por proxectos singulares de especial interese cultural aquelas iniciativas que desenvolvan propostas artísticas e/ou culturais en lingua galega que resulten de interese para o desenvolvemento cultural a través da achega dun valor engadido de carácter social (igualdade, dereitos, diversidade, respecto medioambiental, estima colectiva, cohesión social, integración…), patrimonial (memoria, coñecemento, difusión social) ou artística (innovación, experimentación, propostas de risco…).
Beneficiarios
Estas axudas van dirixidas ás persoas físicas ou xurídicas, constituídas como entidades lucrativas con anterioridade á data de publicación da convocatoria, establecidas nun estado membro da Unión Europea, que acrediten que realizan as actividades obxecto deste programa.