Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da Garantía Xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  2. Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data de inicio de actividade laboral.
  3. Terse dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
  4. Non percibir subvencións ao abeiro dos distintos programas de promoción do emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
  5. Non desenvolver como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivese de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.
Volver