Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto das subvencións ao que se refiren as presentes bases responde á finalidade de promover o deporte feminino a través do apoio económico ás entidades deportivas da cidade de Vigo que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres na competición das distintas disciplinas deportivas (equipos e/ou individuais). Este apoio materializarase en contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento destes clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas e entidades deportivas do municipio de Vigo, durante a tempada deportiva 2016/2017, ou do ano 2017 no caso das modalidades cuxa tempada deportiva sexa anual.
Beneficiarios
Poderán solicitar e obter estas axudas os clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que reúnan os seguintes requisitos:
- Teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
- Teñan personalidade xurídica propia e carezan de ánimo de lucro.
- Se atopen ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Vigo, coa Facenda Pública estatal e autonómica e coa Seguridade Social