Convocante

Diputación Provincial de Ourense

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

O obxecto desta convocatoria é a regulación do procedemento para a concesión, pola Deputación Provincial de Ourense, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades deportivas, entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos para realizar durante o exercicio de 2017, coa finalidade de contribuír ao mantemento dunha actividade deportiva ampla, orientada ao público en xeral e baseada principalmente nos conceptos de deporte – saúde e deporte para todos.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios deste programa as entidades deportivas e outras entidades sen ánimo de lucro con enderezo social na provincia de Ourense, que contemplen nos seus estatutos, como obxecto social, entre outros, a promoción e difusión do deporte na nosa provincia.

Volver