Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas subvencións están dirixidas a financiar a organización de festivais ou certames musicais e teatrais de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra, que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música ¡ e do teatro galego, ademais doutras variantes artísticas e que reúnan os requisitos establecidos na base cuarta da convocatoria. Establécense dúas modalidades de actuación:

  • Festivais de música
  • Festivais de artes escénicas

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións que carezan de fins de lucro, desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, non estean incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas, non estean incursas nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei e que estean ao corrente coas obrigacións tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda estatal, coa autonómica e coa Deputación de Pontevedra.

Volver