Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto destas subvencións é promover actividades de carácter turístico durante o ano 2023 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:
- Non ter a condición de Administración Pública.
- Carecer de fins de lucro.
- Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).
- Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.
- Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.
- Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
- Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.