Convocante

Axencia Galega das Industrias Culturais

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas subvencións teñen por obxecto o fomento á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións, o desenvolvemento de guións, a realización de curtametraxes e a posprodución de curtametraxes a cargo de creadores individuais, e a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, sempre que non realicen o proxecto para o cal solicitan a subvención de xeito profesional.

Volver