Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto destas subvencións é  promover o deporte feminino a través do apoio económico ás entidades deportivas da cidade de Vigo que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres na competición das distintas disciplinas deportivas (equipos e/ou individuais).

Beneficiarios

Poderán solicitar e obter estas axudas os clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que reúnan entre outros os seguintes requisitos :

  • Teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
  • Teñan personalidade xurídica propia e carezan de ánimo de lucro.
  • Que conten cun mínimo de 10 licenzas femininas na tempada 2017-2018,ou do ano 2018 no caso das modalidades cuxa tempada deportiva sexa anual.
Volver