Convocante
Concello de CedeiraPublicación
Boletín Oficial de A Coruña
Obxecto
As presentes bases terán como finalidade apoiar e mellorar a práctica deportiva dos clubs e entidades deportivas, subvencionando investimentos que axuden aos clubs a desenvolver as súas actividades deportivas.
Beneficiarios
Poderán solicitar esta subvención todos os Clubs e Asociacións Deportivas de Cedeira que reúnan, no momento de presentar a solicitude de subvención, os seguintes requisitos:
- Estar inscrito no Rexistro Municipal de Asociacións.
- Estar inscritos en Rexistro de Entidades deportivas da Comunidade Galega.
- Será indispensable para optar á subvención ter xustificada a concedida, no seu caso, o ano anterior.
- Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil que cubra os danos derivados da actividade do club fronte a terceiros.
- Acharse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas
disposicións vixentes, na forma que se determine regulamentariamente. - Non ser sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo esta lei ou a Lei Xeral Tributaria.