Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas para a organización de festivais ou certames musicais e teatrais de recoñecido prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra, que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música e do teatro galego, ademais doutras variantes artísticas, e que se levasen a cabo, como mínimo, en dúas edicións consecutivas nos tres últimos anos.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as asociacións que reúnan os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro (acreditarase cunha declaración responsable da persoa representante)
- Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra
- Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
- Non estar incursa nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra