Convocante
Consellería de Promoción do Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios de inserción ocupacional personalizados e dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego e servizos inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral para o exercicio 2024, no ámbito da colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:
- As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que, por si soas ou asociadas entre concellos, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2023 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, polo menos, tres concellos galegos (ou a dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
- As confederacións e asociacións empresariais e as organizacións sindicais de Galicia, e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.
- As seguintes entidades sen ánimo de lucro, que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras:
- Entidades especializadas en atención a persoas con discapacidade de acordo co recollido nos seus estatutos.
- Entidades especializadas na atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de risco de exclusión social (persoas en procesos de rehabilitación de adiccións, persoas procedentes de cumprimentos de penas penitenciarias, pertencer a unha minoría étnica, muller vítima de violencia de xénero, …) de acordo co recollido nos seus estatutos.
- Entidades non incluídas nas dúas liñas anteriores, que teñan entre as súas finalidades a atención ao colectivo de persoas en risco de exclusión social ou situación de vulnerabilidade.