Convocante
Consellería de Promoción do Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva ás asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para realizar as seguintes liñas de actuación:
- Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
- Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con fillas e fillos de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de bolsas de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como os plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.
Beneficiarios
P oderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes,
stean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Tamén poderán ser entidades beneficiarias as federacións e confederacións de asociacións de nais e pais e a solicitude de dúas ou máis ANPA que se agrupen para solicitar e xestionar conxuntamente as actuacións obxecto desta convocatoria e que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.