Convocante

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

As axudas concédenselles, en réxime de concorrencia competitiva, ás asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para realizar as seguintes liñas de actuación:

  1. Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B- capítulo II da resolución).
  2. Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con fillas e fillos de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de bolsas de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como os plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes, en desenvolvemento do Plan Corresponsables (código de procedemento SI436C-capítulo III da resolución).

Beneficiarios

Solicitude individual: poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Solicitude conxunta: tamén poderán ser entidades beneficiarias as federacións e confederacións
de asociacións de nais e pais e a solicitude de dúas ou máis ANPA que se agrupen para solicitar e xestionar conxuntamente as actuacións obxecto desta convocatoria e que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Volver