Convocante
Concello de TomiñoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
A presente convocatoria ten por finalidade apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades de carácter social sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, que desenvolven actividades para promover o benestar social dos cidadáns do Concello de Tomiño a través de accións ou actividades de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadán, dentro do ámbito de intervención de Servizos Sociais e que se realicen durante o ano 2017.
Beneficiarios
Serán beneficiarias da subvención os organismos, institucións, asociacións, grupos e colectivos que:
- Non teñan fins lucrativos.
- Ter o domicilio fiscal, sede ou oficina no concello de Tomiño ou non tendo domicilio no termo municipal afecten de un modo directo a veciños, colectivos ou intereses do Concello.
- Desenvolvan actividades de prevención, asistencia e incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadán, dentro do ámbito de intervención dos Servizos Sociais e para promover o benestar dos cidadáns do Concello de Tomiño.
- Que dispoñan de estrutura e experiencia que garantise a viabilidade dos proxectos.